David e Alejandro déronnos a idea de ler a Lovecraft. Apaixonados dos comics, quixeron que leramos os "Fungos de Yugoth", e comezamos a coñecer nomes de deuses e monstros impronunciables. De alí á lectura dos relatos máis coñecidos non houbo máis que un paso.
A verdade e que os Mitos de Cthulhu gustáronos moito. A acertada introdución de Rafael Llopis deunos moita información sobre o universo destes relatos de "terror cósmico", e entendemos como non é obra dun só autor, mais ten precursores e relatos posteriores ao propio Lovecraft.
Aínda que o papel máis importante na invención dos mitos corresponde a Howard Phillips Lovecraft (1890-1937) outros autores como Lord Dunsany, Ambrose Bierce, R. W. Chambers, A. Machen o Algernon
Blackwood, contribuíron ao seu desenvolvemento.
Destacamos só algúns dos relatos que nos deron máis que falar: "El Signo Amarillo", de Chambers, "El Wendigo", de Blackwood" "La Maldición que cayó sobre Sarnath",e "La sombra sobre Innsmouth" de Lovecraft", que nos introduciron no reino acuático dos
semi-monstruos ou semi-humáns, e comezamos a entender o por que da
atracción da mitoloxía lovecraftiana.