martes, 15 de noviembre de 2016

O Señor dos Aneis


 “There is only one Lord of the Ring, only one who can bend it to his will. And he does not share power.”Gandalf




Dos clásicos anglosaxóns contemporáneos, quizais poderíamos considerar

O Señor dos Aneis de J.R.R. Tolkien un dos máis coñecidos, máis versionados, máis citados ... Non podíamos deixar de adicarlle un tempo para profundar nel.


Pola súa lonxitude e inabarcable nun club de lectura, se queremos adicar tempo a algunha obra máis.


Pero si que nos serviu para espertar o interese, familiarizarnos coa Terra Media e os personaxes e desfrutar do marabilloso  libro de ilustracións de Alan Lee.




Só chegamos a Rivendel, pero sen dúbida remataremos o libro e acompañaremos ao noso amigo Frodo nas súas aventuras e desventuras camiño de Mordor.

jueves, 21 de abril de 2016

E agora qué?

Mira que nos leva tempo decidirnos sobre o que ler. Barallamos moitas posibilidades: "Dune" de Frank Herbert, as irmás Brönte, Jane Austen, Asimov...

Non é doado poñer de acordo aos membros tan dispares do club, que vai acollendo nova xente. Os exámenes interfiren nas reunións, e outros compromisos can dilatando a toma de decisión. Que resultará disto?



 By Patrick Branwell Brontë, Public Domain, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=230321



By Sophocle (Own work) [CC BY-SA 2.0 (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0)], via Wikimedia Commons

miércoles, 9 de marzo de 2016

Beowulf

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/c/c1/Beowulf_Cotton_MS_Vitellius_A_XV_f._132r.jpg 



Non, desgraciadamente non podemos ler "Beowulf" na versión orixinal. Nin tampouco na traducción ao inglés moderno. O inglés antigo no que está escrito énos tan alleo ou máis que o grego ou o árabe.

Como na biblioteca temos unha estupenda sección adicada ao cómic e novela gráfica, coñecemos  o gran relato épico neste formato.


viernes, 29 de enero de 2016

Máis Lovecraft

David e Alejandro déronnos a idea de ler a Lovecraft. Apaixonados dos comics, quixeron que leramos os "Fungos de Yugoth", e comezamos a coñecer nomes de deuses e monstros impronunciables. De alí á lectura dos relatos máis coñecidos non houbo máis que un paso.

A verdade e que os Mitos de Cthulhu gustáronos moito. A acertada introdución de Rafael Llopis deunos moita información sobre o universo destes relatos de "terror cósmico", e entendemos como non é obra dun só autor, mais ten precursores e relatos posteriores ao propio Lovecraft.

Aínda que o papel máis importante na invención dos mitos corresponde a Howard Phillips Lovecraft (1890-1937) outros autores como Lord Dunsany, Ambrose Bierce, R. W. Chambers, A. Machen o Algernon Blackwood, contribuíron ao seu desenvolvemento.

 Dioses

Destacamos só algúns dos relatos que nos deron máis que falar: "El Signo Amarillo", de Chambers, "El Wendigo", de Blackwood" "La Maldición que cayó sobre Sarnath",e  "La sombra sobre Innsmouth" de Lovecraft", que nos introduciron  no reino acuático dos semi-monstruos ou semi-humáns, e comezamos a entender o por que da atracción da mitoloxía lovecraftiana.