martes, 8 de diciembre de 2015

Un novo ano, novos membros

Lovecraft

Iste ano temos novos participantes no clube. Aínda que nos costou moito a posta en marcha, reunímonos de novo todos os mércores  no primeiro recreo para falar do que nos gusta ler e compartir un "tea with biscuits" virtual. Acompáñanos Irene, o que fai a reunión moito máis amena. Gracias pola túa colaboración.

Que é o que len os novos participantes do clube? David e Alejandro son fans do terror e a literatura fantástica. Con eles embarcámonos na literatura de Lovecraft e o seu círculo. Primeiro embarcámonos nos poemas oníricos dos "Mitos de Yugoth", lendo a versión inglesa e comparándoa coa traducción. Pero nos soubo a pouco e propuxémonos investigar un pouco máis, axudándonos da excelente introducción de Rafael Llopis aos "Mitos de Cthulhu" na edición de Alianza Editorial, e limos un par de contos que nos puxeron os pelos de punta. Velaiquí a Cthulhu.
Saudos.





jueves, 7 de mayo de 2015

REMATAMOS O CURSO: O VIOLONCHELISTA DE SARAJEVO






Nesta ocasión , Carlos suxírenos un libro máis recente. Aínda que no se pode enmarcar na categoría de "clásico", o tema tratado é dos máis clásicos da literatura de todos os tempos: a guerra.














Vedran Smailovic playing in the destroyed building of the National Library in Sarajevo, 1992. Photo by Mikhail Evstafiev

 
O libro toma como punto de partida o bombardeo da xente que fai cola nunha panadería, e a un violonchelista que decide interpretar o "Adagio" de Albinoni durante 22 días seguidos, un por cada unha das víctimas dese bombardeo, desafiando ás bombas e aos francotiradores.




The Martyrs' Memorial Cemetery Kovači for victims of the war in Stari Grad, by Michael Büker



Enlazando esa historia coa doutros habitantes da sitiada Sarajevo durante a guerra dos Balcáns, somos testemuñas do pesadelo que teñen que vivir as vistimas dunha guerra fratricida que agardamos non volva a repetirse.


miércoles, 4 de marzo de 2015

O Señor da Moscas/ Lord of the Flies, de William Golding








Clásico libro de lectura nos colexios de secundaria dos países anglosaxóns, esta novela indaga nonos clarescuros da natureza humana. A historia dun grupo de rapaces que quedan illados sen adultos ao seu cargo deixounos un sabor amargo de perda de fe na inocencia da humanidade e fíxonos pensar na posibilidade da maldade innata, só salvada pola actitude e a entrega dos "heroes".



As súas versións cinematográficas non nos resultaron á altura da novela orixinal.




lunes, 23 de febrero de 2015

Seguimos con Poe





THE MASQUE OF THE RED DEATH



Ao fío da notoriedade acadada pola epidemia de ébola no medios de comunicación, véusonos á mente o relato de Edgar Alan Poe "A Máscara da Morte Vermella".

Trátase dun relato moi breve, no que se nos conta cómo o príncipe dun país asolado por unha enfermidade fulminante reclúese coa súa corte nun castelo totalmente aillado do exterior. Alí búrlanse da morte que está a avcabar co pobo, mais parece que aínda así nos son quen de agocharse do seu destiño....




Iste relato foi versionado  nunha película de 1964, protagonizada por Vincent Prince, e aparece mencionado e moitos outros medios.


Resultado de imagen de The Mask of the red Death