martes, 8 de diciembre de 2015

Un novo ano, novos membros

Lovecraft

Iste ano temos novos participantes no clube. Aínda que nos costou moito a posta en marcha, reunímonos de novo todos os mércores  no primeiro recreo para falar do que nos gusta ler e compartir un "tea with biscuits" virtual. Acompáñanos Irene, o que fai a reunión moito máis amena. Gracias pola túa colaboración.

Que é o que len os novos participantes do clube? David e Alejandro son fans do terror e a literatura fantástica. Con eles embarcámonos na literatura de Lovecraft e o seu círculo. Primeiro embarcámonos nos poemas oníricos dos "Mitos de Yugoth", lendo a versión inglesa e comparándoa coa traducción. Pero nos soubo a pouco e propuxémonos investigar un pouco máis, axudándonos da excelente introducción de Rafael Llopis aos "Mitos de Cthulhu" na edición de Alianza Editorial, e limos un par de contos que nos puxeron os pelos de punta. Velaiquí a Cthulhu.
Saudos.